19.11.16

XUNTARTE

XUNTARTE XA CHEGOU!

Esta semana xa comezamos a traballar os diferentes temas que teremos que presentar na celebración de Xuntarte.

Temos que aprender catro danzas nas que bailaremos co resto de colexios que participa neste proxecto.
Ademais de cantar o himno galego e de levar a cabo a nosa danza elaborada musicalmente polo mestre José Luis e tocado polo alumnado de 5º de Educación Primaria.

Deixamos os enlaces de cómo estamos a practicar o himo, xa que non é todo o himno senón as catro primeiras estrofas. Así como tamén, vos deixamos o enlace da música coa cal ensaimos este.

Moito ánimo e moitísimas gracias pola vosa colaboración.

Nota importante: esta actividae desenvólvese con todo o alumnado, non soamente cos que participan.


Himno Galego 


Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?



Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

De breogánnnnn,
fogar de Breogán,
de Breogánnnn.
(ísto é para rematar coas gaitas).

1º Proba

 (Soamente levan dous días ensaiando e mirade que ben o fan)









Ningún comentario:

Publicar un comentario