25.5.17

VISITA PUNTA HERMINIA 2ºA

Nesta entrada publicaremos as fotografías de 2ºA da saída a Punta Herminia o pasado 15 de maio.
Contamos coa axuda da nosa compañeira Ndeye, quen apuntou  datos interesantes moi útiles para todos e coas aportacións de Mario e Anxo, que me axudaron a fixarme en moitos animais e plantas para que lles puidera sacar unhas fotos de recordo.
Empezamos!


1- Non hai que confundir ao estorniño co merlo. O estorniño anda coma nós e ten a cola pequena.




2- Este é un merlo. O macho do merlo é negro e a femia marrón madeira para diferenciarse e poder camuflarse entre os troncos.





3- A arcoteca é unha planta invasora e quita espazo á malva.




4- Á malva tamén se lle chama malva silvestre.



5- Algúns paxaros como a lavandeira amarela non fan os niños nas árbores.




6- O gato pode ser invasor nalgúns ecosistemas.



7- O dodo era fácil de cazar e extinguiuse.



8- O cirrio é a amouriña case non se pousan e durmen a metade do cerebro mentres voan.




9- Os toxos son plantas autóctonas e os seus pinchos son follas. A súa flor chámase chorima.



10- O chasco fai un chasquido co pico.


11- O niño do merlo está feito de ramas e barro.



12- O  do chochí é de musgo e algodón.Ten dúas pequenas entradas e nalgúns so hai unha.



13- A ra vive nunha charca.




14- Nos sitios de costa hai poucas árbores.





En breve, as fotos e máis comentarios.







2-

Ningún comentario:

Publicar un comentario