6.5.17

A PROFE LÍASE COS EXAMES

NOVAS DE MISIÓNS 

Resultado de imaxes para despistadaA profe anda moi despistada, ai onde está a cabeza! jajaja

Perdoade de novo as modificacións que fixemos na aula.
Falando cos nen@s comentáronme que estaban un poco estresados con tanto exame. Así que, decidimos relaxarnos todo, que a vida é máis que probas e notas.

Así pois, imos facer preguntas orais pero en privado, xogos en equipo que puntuarán e actividades como: memorizar a canción " A raíz do toxo verde" que terá unha nota, aprender algún poema, así tamén será máis diver estudar.

O duro de estudar está nas ciencias, xa que hai que reter máis información. A verdade que o estades facendo xenial, pero precisamos un derradeiro esforzo xa que o 12 de xuño temos que ter as notas postas. Polo que podedes ver, soamente nos quedan as semanas de maio e primeira de xuño.
Intentaremos na medida do posible espallar exames e non agobiar. Non é o que pretendo en absoluto pero quero que en 3º non teñan dificultades de adaptación.

Así pois, poño o resumo de exames das vindeiras semanas:
  • Xoves 11 de maio proba oral de Ciencias Naturais da unidade 6. Preguntarei individualmente e en privado varias cuestións sobre as páxinas seguintes:
    • Páxina 66 (Ecosistema e por que está formado)
    • Páxina 68 (diferencias entre acuático e terrestre, exemplos)
    • Páxina 70  (Cadea alimentaria)
  •  Martes 16 de maio misión sobre os temas 10, 11 e 12 de Lingua Galega. Non vos asustedes soamente tocaremos as páxinas que vos vou indicar. 
    • As contraccións, maiúsculas e nomes propios (ditado)
    • Soamente mirar páxinas:
      • TEMA 10: páx:124
      • TEMA 11: páx: 141
      • TEMA 12: páx: 153-154

Non levaron os libros de lingua porque quería que estudaran mellor o de ciencias naturais que é o primeiro exame. Nembargantes, o luns levarán o de lingua xa.

Saúdos e desculpade de novo as molestias ocasionadas e o lío de datas.


2 comentarios:

  1. Gracias por la aclaracion, porque Bruno pensaba que el examen de lingua era este martes, y no sabia por qué no trajera el libro.
    Creo que andan mas despistados ellos

    ResponderEliminar
  2. Ola a tod@s!
    Gracias pola vosa comprensión.
    Lembrade que o tema 10 está no libro do anterior trimestre, que levaron xusto á volta de Semana Santa.
    Os despistes son frecuentes entre tod@s, xa me vedes a min que parezo Dory, jjajajajaja.
    Saúdo familia e moito ánimo que xa non queda nada de nada.

    ResponderEliminar